A importancia dos nomes do mar de Galicia | Xosé Lois Vilar | LGx15

Sdílet
Vložit
  • čas přidán 12. 09. 2024
  • Xosé Lois Vilar é vendedor de froita nas feiras e apaixonado da lingua e do patrimonio. En definitiva, un entusiasmado do propio.
    Nesta intervención no LGx15, ideas para o futuro da lingua, fala da importancia da toponimia e da talasonimia, dos nomes do mar de Galicia, un GPS, un localizador imprescindible. Os topónimos son a relación da palabra co espazo, e gardan unha riqueza inmensa.
    Xosé Lois é de Baiona. É arqueólogo, historiador, experto en toponimia e na lingua dos cabaqueiros, etnógrafo e empresario da froita, infatigable animador cultural no Val Miñor. Pescuda petróglifos e testemuños orais e documentais sobre naufraxios, etnografía ou memoria histórica. Recolle toponimia e talasonimia, escribe libros, imparte conferencias, realiza exposicións, guía visitas toponímicas e arqueolóxicas. Descubriu o Outeiro dos Lameiros, unha das mellores estacións de arte rupestre de Galicia, con máis de 30 petróglifos. E está moi ligado á creación e funcionamento de varias asociacións como SOS Groba e o Instituto de Estudos Miñoranos.
    LGx15. Ideas para o futuro da lingua. www.lgx15.gal.
    Sala Capitol, Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2015.
    Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL). www.ctnl.gal

Komentáře • 5