O estereotipo do galego en NO-DO | Beatriz Busto Miramontes | LGx15

Sdílet
Vložit
  • čas přidán 12. 09. 2024
  • Intervención de Beatriz Busto Miramontes no LGx15 de 2022
    ---
    NO-DO, organismo de propaganda cinematográfica do réxime franquista, elaborou un discurso de representación cultural -sobre Galiza como territorio e sobre o galego como lingua- facendo un uso folclorizado da cultura. Parte dos materiais cinematográficos NO-DO fan un uso explícito do galego e incluso da nosa literatura, presentándoos como curiosidades folclorizadas dun pobo xa folclórico de por si, elaborando así un mapa territorial no que o estereotipo se converteu no principal indicador de representación cultural.
    Comprender a arquitectura dese estereotipo como o discurso vertical que se executou sobre Galiza en NO-DO pode axudar a evidenciar esa mirada violenta, así como darnos chaves de desactivación de cara a un futuro máis forte e mellor para a nosa cultura e para a nosa lingua.
    ---
    Algúns dos enlaces e vídeos reproducidos na intervención de Beatriz Busto Miramontes:
    - NO-DO na Filmoteca Española: www.rtve.es/fi...
    - "Galicia y sus gentes. Ayer y hoy de las tierras meigas": www.rtve.es/pl... (minutos 13-15 e a partir do minuto 56.40)
    - "Gimnastas japoneses en España" (1971): www.rtve.es/pl... (do minuto 11.24 ao 12.50)
    ---
    Beatriz Busto Miramontes (Compostela, 1979) é profesora na Área de Antropoloxía Social, Facultade de Filosofía, na Universidade de Santiago de Compostela dende o ano de 2019. Imparte docencia das áreas de Antropoloxía Simbólica e Antropoloxía Aplicada a alumnado do Grao de Filosofía. É licenciada en Antropoloxía Social e Cultural (2008), licenciada en Historia e Ciencias da Música (2006) pola Universidade Autónoma de Madrid e mestra especialista en Educación Musical pola Universidade de Vigo (2003). Exerce como pedagoga musical dende o ano 2008 en diversas institucións educativas, tanto na ensinanza regulada como na non regulada.
    Doutorouse en Antropoloxía Social coa máxima cualificación en decembro de 2016 na Universidade Autónoma de Madrid coa tese doutoral La Galicia proyectada por NO-DO. La arquitectura del estereotipo cultural a partir del uso del folclore musical (1943-1981), dirixida polo antropólogo Dr. Juan Carlos Gimeno Martín. Nela analizou o uso e abuso da imaxe estereotipada e folclorizada de Galicia no organismo cinematográfico NO-DO a través da presenza do folclore musical galego na imaxe dende unha perspectiva decolonial e feminista. Como parte do obxectivo de transferencia no social -elemento ético e deontolóxica da propia Antropoloxía Cultural como ciencia social aplicada- Beatriz publica en febreiro de 2021 o libro Um país a la gallega. Galiza no NO-DO franquista en Através Editora, libro que está a ter unha moi boa acollida por parte da crítica.
    É investigadora do Grupo/Rede Galabra na que se integra como especialista en Antropoloxía Social analizando os impactos que o fenómeno do Camiño de Santiago imprime nas comunidades locais que se ven atravesadas por el.
    Coordina a súa vida investigadora e docente pertencendo a dous universos profesionais: a música e a antropoloxía. Froito desa dobre experiencia e formación son as súas publicacións; participacións en múltiples congresos, conferencias e relatorías; entrevistas e o recoñecemento técnico profesional e investigador de ambos os sectores.
    (Foto: Asestelo)
    ---
    #LGx15. Ideas para o futuro da lingua | www.lgx15.gal | Sala Capitol | Santiago de Compostela | 27 de outubro de 2022 | Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) | www.ctnl.gal

Komentáře • 16

  • @Margaret977
    @Margaret977 Před rokem +3

    Encantoume a túa intervención. O que eu quixera é que fixeres outro monólogo 🎉🎉🎉 Quén dera ter unha profesora coma ti!😊

  • @Wisdomson
    @Wisdomson Před rokem +7

    Estou muito feliz em ganhar dinheiro online sem estresse.

    • @MaizaSantos851
      @MaizaSantos851 Před rokem

      Como você faz seu próprio dinheiro?

    • @josetejeda7384
      @josetejeda7384 Před rokem

      Como posso me conectar com você?

    • @Wisdomson
      @Wisdomson Před rokem

      São os investimentos criptográficos e a negociação forex que a Sra. Sallie Krawcheck tem lucrado comigo todos os dias.

    • @lucindamanuel2984
      @lucindamanuel2984 Před rokem

      Também ganhei muito dinheiro com a ajuda da Sra. Sallie Krawcheck

    • @maritazacarias6487
      @maritazacarias6487 Před rokem

      Como posso contatá-la?