Negreira - Mostra itinerante Pacto Verde Europeo

Sdílet
Vložit
  • čas přidán 3. 07. 2024
  • A exposición itinerante Pacto Verde Europeo retoma no verán de 2024 o seu percorrido polos concellos da provincia da Coruña.
    Esta mostra leva a catro concellos información os obxectivos da Comisión Europea en materia ambiental para os vindeiros anos.
    O coidado do medio ambiente é un pilar fundamental nas políticas da Comisión Europea e tamén un ámbito no que a cidadanía é máis activa e está máis concienciada. A mostra narra os obxectivos concretos fixados pola UE e como vai acadalos.
    A mostra ten unha dimensión interactiva á que se pode acceder a través de códigos QR. Está a Estación Verde, un bosque virtual en 3D con información medioambiental, e o xogo Pacto Verde Europeo, un escape room online.
    ***
    Paradas da mostra:
    14 - 28 de xuño: Carral (Praza Campo da Feira)
    28 de xuño - 11 de xullo: Negreira (Parque do Coto)
    12 - 29 de xullo: Rianxo (Praza da Manuela - Paseo da Ribeira)
    13 - 27 de setembro: Lousame (Casa da Cultura de Lousame, Portobravo)
    ****
    Europe Direct A Coruña é un centro oficial de información da Comisión Europea que pertence á Deputación da Coruña.
    🏡Atópanos en www.dacoruna.gal/europedirect/
    E nas redes sociais:
    🔹Instagram: @europedirectcoruna
    🔹Twitter: @EDCoruna
    🔹Facebook: @europedirectacoruna

Komentáře •