Cabanas - Mostra itinerante Pacto Verde Europeo

Sdílet
Vložit
  • čas přidán 23. 08. 2024
  • A exposición itinerante Pacto Verde Europeo reanuda no 2023 o percorrido polos concellos da provincia da Coruña.
    Dende o mes de xullo e ata mediados de outubro, a mostra levará a catro concellos os obxectivos da Comisión Europea en materia ambiental para os vindeiros anos.
    O coidado do medio ambiente é un pilar fundamental nas políticas da Comisión Europea e tamén un ámbito no que a cidadanía é máis activa e está máis concienciada. A mostra narra os obxectivos concretos fixados pola UE e como vai acadalos.
    A mostra ten unha dimensión interactiva á que se pode acceder a través de códigos QR. Está a Estación Verde, un bosque virtual en 3D con información medioambiental, e o xogo Pacto Verde Europeo, un escape room online.
    ***
    Paradas da mostra:
    30 de xuño - 14 de xullo: Fene (Praza do 10 de marzo, San Valentín)
    14 - 28 de xullo: Cabanas (Parque do Areal)
    8 - 22 de setembro: Rois (Edificio multiúsos de Rois)
    22 de setembro - 6 de outubro: Sada (Praza Irmáns Suárez Picallo. Paseo Marítimo)
    ****
    Europe Direct A Coruña é un centro oficial de información da Comisión Europea que pertence á Deputación da Coruña.
    🏡Atópanos en www.dacoruna.g...
    E nas redes sociais:
    🔹Instagram: @europedirectcoruna
    🔹Twitter: @EDCoruna
    🔹Facebook: @europedirectacoruna

Komentáře •