Muiñeira Vella ou Ribeirana de Limiñoa, Ponteceso - Agrupación folclórica Donaire

Sdílet
Vložit
  • čas přidán 24. 06. 2022
  • A muiñeira vella, chamada tamén ribeirana, é a modalidade máis antiga de muiñeira. Conservouse e foi recollida na franxa costeira norocidental galega, maiormente nos concellos de Cabana, Ponteceso, Laxe, Zas e Malpica. Nestas zonas chámaselle simplemente muiñeira, pasando a máis moderna e estendida "muiñeira nova" a recibir o nome de punteada.
    CARACTERÍSTICAS.
    O acompañamento musical faise sempre con canto (coplas) e pandeiretas. As pandeireteiras tocan co puño, motivo polo que tamén recibe o nome de muiñeira empuñada, distinguido así o seu toque do xeito máis moderno de tocar, a muiñeira riscada.
    A forma máis recollida do baile é aquel no que bailaba un só grupo con dúas parellas, existindo constancia de tres nalgún lugar. Nos casos en que bailaba máis dun grupo, facía cadanseu baile independente. Existen tamén variantes nas que un só home bailaba con dúas ou máis mulleres.
    A principal diferenza coa muiñeira nova, é que nesta os homes bailan entre si os puntos sen que as mulleres os imiten. Limítanse estas a realizar uns pequenos pasos polo baixo debuxando unha roda ou un oito, sen levantar os brazos e coa ollada no chan. Asemade, neste baile son as pandeiretas as que fan coincidir os seus toques coas evolucións dos bailadores e non ao contrario.
    RECUPERACIÓN.
    A muiñeira vella foi recuperada grazas o traballo dos mozos das vilas e cidades que, desde os anos oitenta, comezaron a facer recollidas de material etnográfico no rural galego. Nese tempo xa case non quedaban vellos que a tivesen bailado, sendo reconstruída principalmente a partir de testemuñas visuais. A área de recuperación coincide, groso modo, coa chamada Costa da Morte, aínda que existen recollas tamén nas comarcas de Santiago e do Xallas. O xeito de tocar, a empuñada, conservouse en moitas máis zonas do país, sendo probabelmente o modo máis antigo de tocar a pandeireta.
    Diversas testemuñas de informantes, sobre todo na area bergantiñá, indican que antigamente era este o único tipo de muiñeira existente. Por este motivo, algúns dos estudosos do folclore se inclinan a considerar a muiñeira nova unha evolución da vella. Porén, outros ven precipitada esta hipótese.
    O tipo de muiñeira vella que mellor se conservou foi a regueifa. Unha danza nupcial tradicional que bailaban os propios noivos (ou os padriños) para celebraren a súa unión.
    Para ver a danza orixinal realizada por: Pandereteiras e danzantes de Limiñoa.
    • Muiñeira Vella ou Ribe...
    Para ver o programa da TVG, ALALÁ, no que se fala dos creadores da agrupación folclórica Donaire.
    • Alalá nº 55 "Cabana de...

Komentáře •