Alalá nº 84 "Pandereteiras de Limiñoa"- TVG

Sdílet
Vložit
  • čas přidán 22. 08. 2024
  • ALALÁ nº84 "Pandereteiras de Limiñoa"-
    Emisión TVG: 30 de Xuño do 2008
    Se a comarca de Bergantiños é especialmente rica en bailes e cantos tradicionais, o lugar de Limiñoa, en Ponteceso, é un dos puntos neurálxicos da festa. Aquí, tódolos martes desde hai vinte anos, unha ducia de veciños dos arredores reúnense nun garaxe para ensaiar e para lembrar as festas que facían cando eran mozos, nas fiadas e no traballo das leiras.
    A maior tén oitenta e cinco anos e a máis nova corenta e cinco. Case todos traballan no campo pero os homes do grupo andiveron tamén ó mar, que lles queda moi preto, cando eran máis novos. Xuntos atesouran unha chea de recordos da dureza e a alegría dos tempos de antes, e ademais posúen toda a sabedoría que dan os anos e a vida na aldea.
    Neste Alalá amosáronos o agarimo con que coidan as vacas, o que lles supuxo a chegada da parcelaria, a maneira na que rexoubaban mentres lavaban no río, cómo hai que facer un cesto con varas de salgueiro, cómo facían a rosca con ovos de gaivota e cal é o segredo da mítica ribeirana, unha muiñeira que só se baila aquí e que, segundo din, é tan difícil de bailar e tocar coa pandeireta que ningún dos moitos mozos que chegaron ata as súas portas facendo recollida foi quén de aprendela.

Komentáře • 5

  • @elenitaferreiro1688
    @elenitaferreiro1688 Před 4 lety +4

    Gracias por este video,gracias a vosotros he vuelvo a escuchar la voz de mi bis abuelo después de 9 años,Jose Rama 😍😊😭

  • @aramos7381
    @aramos7381 Před 2 lety

    czcams.com/video/3nkR2lVQQIo/video.html PANDEiRETEiRAS!!!