Xota de Castro de Laza - Os Imposíbeis de Castro.

Sdílet
Vložit
  • čas přidán 22. 08. 2024
  • Programa da TVG, Alalá nº178. Data de emisión: 11/05/2017.
    • Alala nº 178 "O Entroi...
    O PELIQUEIRO
    É a figura central do entroido en Castro de Laza.
    Ostenta o triplo poder: relixioso, xudicial e social, que está simbolizado do seguinte xeito: o relixioso na Mitra (deidade que chegou a Occidente procedente de Oriente, pola vía da civilización helenística); o xudicial na zamarra; e o social polo papel que desenvolve de autoridade no mantemento da orde.
    Sobre a súa orixe hai dúas versións:
    a - Nas festas romanas das bacanais, saturnais.
    b - Xurdiría na Idade Media cando os vasalos do conde de Monterrei reveláronse contra o pagamento do tributo do uso das terras e pra sometelos crearía unha máscara atemorizadora que percorrería a súa xurisdición amedrentando ós rebeldes para que pagasen.
    O nome provén da verba pelica pel seca de gato (hoxe a mor parte son sintéticas) que cubre a parte posterior da careta. A “careta” é de madeira de ameneiro ou de bidueiro, rematada cunha mitra que leva pintada unha figura de animal.
    O traxe é enteiramente artesanal. A chaquetiña é curta, con “charreteiras” de corte militar e cuberta a parte de atrás cun pano de cabeza que, en moitos casos, é regalo da noiva do peliqueiro. O pantalón, a modo de calzón curto, é de liño, con encaixes e pondóns de algodón. Levan camisa e gravata, medias e ligas de fantasía de rechamantes cores. Na cintura, dúas faixas e enriba delas un cinto con seis chocos que ó correr fan un ruído estrondoso. Na man levan unha zamarra: báculo e símbolo de autoridade co que se abre camiño, saúda e castiga.
    Vestirse de peliqueiro é un orgullo, un símbolo de fortaleza física e poder moral

Komentáře •