Maridos e sodomitas, os casamentos de home na Galiza medieval | Documental

Sdílet
Vložit
  • čas přidán 3. 07. 2024
  • A historia do Reino da Galiza medieval garda aínda grandes fitos históricos que pescudar e mitos que desbotar. Nese camiño, e por vez primeira, este filme documental aborda a historia da homosexualidade entre homes no Reino da Galiza medieval e desvela que isto da tradición... non é tal como nos contaron. Para falarmos disto, contamos coa documentación e presentación do investigador Carlos Callón, autor de 'Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media'.
    🚙 UNHA VIAXE QUE DESCOBRE FITOS HISTÓRICOS NO PAÍS 🎥
    O documento máis antigo da península ibérica que recolle un casamento entre homes atópase en Galiza, recollido no Tombo de Celanova, con data do 16 de abril de 1061. Trátase da unión de Pedro e Munio que tivo lugar na parroquia de Santa María de Ordes de Rairiz de Veiga.
    A viaxe continúa. No Centro Arqueolóxico de Neixón podemos ver unha pedra moi singular atopada nunha finca desde municipio de Boiro, no lugar da Igrexa, en Taragoña, unha lápida da época romana, cunha inscrición que honra a dous amantes homes, Urso e Rufino.
    Tamén no século XV atopamos representadas as relacións homosexuais, neste caso en dúas figuras entrelazadas no sepulcro do bispo Xoán Fernández de Soutomaior II situado na catedral de Tui. Cobra especial importancia o feito de que estamos a falar dunha persoa con alto poder na institución eclesiástica e na contorna do país.
    🗣 EXPERTAS E EXPERTOS PARTICIPAN NESTE FILME DOCUMENTAL
    Nesta viaxe, Carlos Callón atópase rodeado de expertas e expertos en cadansúa materia como por exemplo é o arqueólogo Xurxo Ayán; ao historiador do Reino de Galiza, Francisco Rodríguez; ao historiador medievalista Xosé Miguel Andrade, editor do Tombo de Celanova; e a Marta Cendón, historiadora da arte e estudosa da representación de esculturas funerarias.
    🔊 MÚSICA ORIXINAL POLO PROJECTO MOURENTE
    O filme documental conta coa música orixinal do Projecto Mourente, a cargo de Carlos Valcárcel que reinterpreta unha das cantigas medievais que narran o amor entre homes.
    🎬 TRAS DAS CÁMARAS
    Este filme documental foi elaborado por Nós Televisión e producido pola Deputación da Coruña grazas á idea orixinal de Carlos Callón.
    ▫ Produción executiva - Rosabel Candal e Diego Frey
    ▫ Guión - Carlos Callón e Ana Viqueira
    ▫ Produción - Ana Viqueira
    ▫ Dirección - Roi Barros e Martín Rodríguez
    ▫ Realización e montaxe - Martín Rodríguez
    ▫ Fotografía - Pio Cribeiro, Roi Barros, Martín Rodríguez
    ▫ Son e dron - Pio Cribeiro
    Música orixinal - Projecot Mourente - E vou!. 1, E vou!.2
    Animación e creatividades - Roi Barros
    #ReinodeGaliza #Homosexualidade #HistoriadeGaliza #HistoriadeGalicia #NósTelevisión #MaridoseSodomitas #Documentario #Documental
  • Zábava

Komentáře • 15

  • @user-oi5bu2oz8c
    @user-oi5bu2oz8c Před 19 dny +11

    O que tal aprendemos con Carlos Callón en NÓS! Isto no contan nas clases de historia. Obrigada por descubrirnos a nosa propia historia e romper estereotipos e perxuizos

  • @maximilianosouza9838
    @maximilianosouza9838 Před 19 dny +10

    Muito bom viajar ✈️ pela história antiga da Galiza e conhecer mais e mais da história medieval parabéns a todos que fazem parte de Nós televisão 📺 um abraço do Brasil 🇧🇷 👏🥳

  • @marcelovegi4826
    @marcelovegi4826 Před 18 dny +3

    Parabéns pela excelente produção, pela clareza na explicação e pelos resultados surpreendentes da investigação. Abraços do Brasil!

  • @Sergiolrs2008
    @Sergiolrs2008 Před 19 dny +10

    E a ideia que se tem sobre esse tipo de relacionamento, principalmente na Idade Média, é de que seriam impossíveis de se concretizarem

    •  Před 19 dny +4

      É assim, por isso é tão importante dar a conhecer a história e quebrar preconceitos.

    • @BernasLL
      @BernasLL Před 7 dny +1

      É como no mundo islâmico. Impossível, só que onde há vontade, há maneira.

  • @c.retana-holguin8318
    @c.retana-holguin8318 Před 5 dny

    The story of two medieval men in love and who got married--amazing! These stories have always been true and have existed.

  • @traukopalestino1
    @traukopalestino1 Před 19 dny +4

    Muy interesante y muy sorprendente.

  • @enxoito1
    @enxoito1 Před 17 dny +1

    Parabens polo documental, mais, por favor, sobre a Galiza e sua istoria

  • @BernasLL
    @BernasLL Před 7 dny

    Faz lembrar a realidade actual no mundo islâmico. Pior que lá as "inquisições" estão bem vivas.

  • @anacasanova7350
    @anacasanova7350 Před 18 dny

    También cortaban la cabeza a los .... y no lo vamos a repetir. Alejandro y todos sus amigos..tambien se unían.

  • @burlanegra
    @burlanegra Před 9 dny

    Parece que hoje em día só se pode falar do mesmo...