Federico Pérez: “Quen prohibe o seseo na televisión, que mire tamén a fonética sen sete vogais”
Vložit
- čas přidán 6. 09. 2024
- Federico Pérez nace na Alemaña en 1976 aínda que crece en Mazaricos. Estuda Filoloxía galega en Santiago de Compostela e, ao remata-los estudos, entra no sector audiovisual traballando como asesor lingüístico na serie Mareas Vivas. Federico Pérez vai facendo carreira non só como asesor lingüístico senón tamén como guionista e intérprete. Traballa como actor no programa de sketchs Air Galicia, na serie Padre Casares ... aínda que o papel que máis o populariza é Moncho en 'Era Visto!'. Federico Pérez conta cun Premio Mestre Mateo pola súa interpretación no filme 'Trote' e ten traballado tanto para a televisión como para o cine e o teatro. De feito, o 19 de abril estreará '+Cuñados', a secuela dunha das comedias galegas de maior éxito.
Quedamos con el na Facultade onde estudou, en Filoloxía Galega da USC. Falamos da súa traxectoria profesional, da lingua, da ficción e tamén da realidade que hoxe se vive no audiovisual galego.
#RostrosdoPaís #FedericoPérez #Entrevista #Galego
Uma entrevista fantástica!
Cómo mola este Home!
No Brasil falam galego-brasileiro 👏🏼
excelente entrevista de um galego assumudo
A Crtvg, até que pase polo BNG, esquécete.
“Quen prohibe o seseo na televisión, que mire tamén a fonética sen sete vogais”
Os teus termos son.. aceptables!
A fonética tenhem-na já moi moi bem mirada e o baremo tenhem-no moi moi claro.
A grafia já é castelhana e a pronúncia tamém.
A prioridade sempre foi aprender a falar e escrever bem o castelhano sem erros, e como o galego nom podia ficar relegado, a soluçom foi substituí-lo polo castellego que, amais, nunca será umha ameaça e sempre será desprezado fronte ò castelhano.
False da desfeita da lingual e no encabezamento a voz en off di "crece" no canto de "medra", no galego RAG.
🤷🏼🤦🏼♀️
Totalmente.
E quen corrixa a "falta de vocalización".