Alalá nº 157 "Manolo Solla -O Gaiteiro de Vilariño-" - TVG

Sdílet
Vložit
  • čas přidán 22. 08. 2024
  • NOVA CANLE: alala.crtvg.es
    Alalá nº 157 "Manolo Solla -O Gaiteiro de Vilariño-" - TVG
    Emisión en Telelevisión de Galicia: 12/10/2010
    LUGAR: VILARIÑO (CANGAS)
    Manolo Solla naceu en Vilariño, Hío, no Concello de Cangas; de moi pequeno trasladouse cos seus pais a Vigo pero Vilariño segue a ser o seu lugar de referencia; aquí foi onde se sentíu atraído pola gaita, cando saían a percorrer as parroquias de Hío durante o seu famoso entroido. A vida deste home foi moi intensa e a súa traxectoria musical tamén. Estivo en moitos grupos: Os Cuncheiros, Vento das Cíes... en formacións famosísimas no momento como eran os Cruceiros , un dos mais importantes da música nos anos sesenta e nos que estaban figuras como: Henrique Otero ou Portela. Tamén formou parte dos “Airiños Galegos de Sampaio” e o que nunca deixou foi de ensinar, foi e segue a ser mestre. Na Asociación de Lavadores en Vigo leva vintesete anos.
    Na década dos sesenta e setenta facer anuncios para radio e televisión non era habitual, pois Solla púxolle a música a varios anuncios publicitarios na radio e na televisión e a gravación dos discos en Madrid foron momentos gloriosos para o Mestre gaiteiro.
    Pero non faltaron os recoñecementos e galardóns e as numerosas viaxes por España adiante.
    A vida de Luchiño - que así lle puxo súa avoa cando o veu ó nacer- foi unha historia dura e moi feliz á vez. Moi dura na infancia e chea de reveses despois, como foi a perda dos seus dous fillos.
    A Manolo agora gústalle tomarse as cousas con tranquilidade e coidar dos seus tesouros, o mais importante é a súa netiña Sabela
    Do gran aprecio que lle teñen todos, grandes e pequenos e excusado falar. En nada e menos xuntanse uns cuantos amigos e a facer un pouquiño de festa. En Vilariño, hai dous anos, os da asociación cultural “O Gato” fixéronlle unha homenaxe, un recoñecemento a unha labor moi importante que el desempeñou ó longo dos anos.
    Lucho falaranos de episodios clave na súa vida, de como mercou a súa primeira gaita; dos duros momentos no traballo e, en definitiva, da súa vida. A dun home entrañable, sensible, amigo dos amigos, un gran mestre e por suposto un magnífico gaiteiro.
    Web de Alalá: alala.crtvg.es
    Facebook: / alala.tvg

Komentáře •