Galicia no mundo - Música tradicional galega

Sdílet
Vložit
  • čas přidán 24. 08. 2024
  • Serie documental composta por 4 vídeos que mestura imaxes reais e animacións. O proxecto, que ten unha finalidade didáctica e lúdica, está especialmente dirixido a nenos e nenas de educación primaria e ás súas familias. Pretende dar a coñecer, con contidos anecdóticos ou sorprendentes, os principais sinais da identidade galega no que se refire á xeografía, simboloxía, lingua e cultura galegas.
    Consta dos seguintes capítulos:
    - Galicia no mapa, onde se abordan cuestións como a condición de nacionalidade histórica,a bandeira, o himno, a distribución do territorio...
    - A paisaxe galega, que se ocupa do clima, os montes, os ríos e as rías, o desenvolvemento sostible e o consumo responsable
    - A lingua galega (orixe, número de falantes, variantes dialectais…)
    - A música galega (ritmos, instrumentos, referentes…)
    Proxecto de Seispés Producións Creativas realizado ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Komentáře • 2