Alalá nº 188 "Fermin da Insua" - TVG

Sdílet
Vložit
  • čas přidán 11. 09. 2024
  • Emisión en Televisión de Galicia: 20 de Xullo do 2010 // A Insua (Ponte Caldelas)
    alala.crtvg.es
    Fermín leva máis de sesenta anos animando a vida dos seus veciños da Insua, en Ponte Caldelas, coa música da súa gaita. Tocando en todo canto baile, entroido ou procesión había. Ata compuxo varias pezas que levan o nome da súa aldea alí onde soan. Agora, a piques de cumprir os noventa, continúa gozando cada vez que colle unha gaita como cando era un neno que, cheo de ilusión, construíu a súa primeira frauta coa cana dunha vasoira.
    Sorprende que coa idade que tén aínda se mova como o fai cando interpreta unha peza. E que continúe tocando con asiduidade cos seus dous compañeiros da alma: Antonio e Elías. Por iso os músicos novos o queren tanto. Porque admiran a súa entrega durante toda a vida. Fermín acompaña cada venres ós mozos do grupo “Os Xeitosos” da Insua na clase que lles imparte Luís Prego. E eles non dubidan en acompañar a Fermín cada vez que os precisa para actuar nalgún festival ou nalgún serán. E hai que ver a festa que montan.
    alala.crtvg.es

Komentáře • 7

  • @isabelcampana5796
    @isabelcampana5796 Před 2 lety

    Encántame a verdades que contaba Fermín. Qué marabilloso exemplo para os gaiteiros que empezan agora!

  • @manuelgonzalezotero9409
    @manuelgonzalezotero9409 Před 7 lety +2

    Son un gallego que levo 52 anos en Bilbao, cando escoito estas xentes e esta música rompo a chorar como un neno

    • @josemartin-ye3se
      @josemartin-ye3se Před 7 lety

      no me extraña me pasa ami que se me ponen los punta de la emocion.Y soy salmantino.Un saludo para todos los gallegos y que vivan los viejos gaiteros

  • @manuelsanmiguel3335
    @manuelsanmiguel3335 Před rokem

    Que ledicia y que añoranza ver esto personas tan boas e sociables si todos fosemos así non abría guerras nin ostias nin tanto egoísmo si total aquí non imos quedar ningún bueno que viva a xente maior da niña querida terriña que estou fora dela por eso a boto en falta

  • @estebanamoedo3325
    @estebanamoedo3325 Před 4 lety +2

    Son da Insua

  • @melabaqueiro4973
    @melabaqueiro4973 Před 3 lety

    Eu son da insua e ay sale casi toda a miña familia solo que estoy en Suiza e no me justa este país pero ai que ir tirando a miña familia lle quería muy bien ahora xa murió e el no no conocin

  • @isabelcampana5796
    @isabelcampana5796 Před 4 lety

    Está claro que a gaita da vida. Quen chegara os seus 90 anos. Está moi farruco!