Solemenidade da Ascensión 2024

Sdílet
Vložit
  • čas přidán 9. 05. 2024
  • Galileos, que facedes ollando para o ceo?
    Ide polo mundo enteiro, e anunciade a Boa Nova a toda a creación.
    A Ascensión, no libro dos Feitos, ven a significar o final dunha etapa de experiencias moi especiais do Señor resucitado: agora é o momento de que a Igrexa emprenda unha nova tarefa na que se guiará polo Espírito.
    A experiencia dos apóstolos é agora nova, recoñecen que Xesús, o compañeiro de viaxe e o crucificado, é unha hora de esperanza salvadora para a humanidade.
    É o envío para ser unha igrexa misioneira, é o momento do camiño da evanxelización.
    Somos conscientes das dificultades actuais para o anuncio do Evanxeo, estamos en tempos de crise e hai dúas alternativas, quedando quietos lamentando “que mal está todo”; Ou consideramos este tempo como unha oportunidade, “un camiñar xuntos” e convencidos de que a proposta de Xesús vale para o noso mundo. Buscar cambios nas estruturas, e buscar e crear espazos de fraternidade e comuñón; de liberación e crecemento na humanización.
    Agora tócanos facer crible coa nosa vida que Xesús é unha proposta de liberación para a humanidade.

Komentáře •