Alalá nº 106 "Pandeireteiras de Seixedos" - TVG

Sdílet
Vložit
  • čas přidán 27. 08. 2024
  • Alalá nº 106 "Pandeireteiras de Seixedos" - TVG
    DATA DE EMISIÓN NA TVG: 07/04/2009
    Lugar: Seixedos (Covelo)
    Un século de música coas pandeireteiras de Seixedos
    A música, para poder sobrevivir na maioría das aldeas de Galicia, transmitíase de forma oral e pasaba dos avós ós netos. As nenas aprendían das maiores, no monte, no serán, nas labradas e ó cantala aña. Aprendían tamén a afrontar unha vida chea de carencias.
    Hoxe imos ata Seixedos, un lugar do concello pontevedrés de Covelo para presentarvos a algunha daquelas nenas: Dúas Otilias (madriña e afillada) e Hermosinda e como lle cambiou a vida. Deixaron de tingui-la lá a ter ducias de xerseis e pasaron de ter a corte a un fermoso salón comedor.
    Pero o que non deixaron nunca foi de cantar e de tocar a pandeireta. A vida cambioulles moitísimo, unha delas vivíu en plena Guerra Civil e a outra naceu pouco antes dela e das miserias daquela, pasaron a ter unha vida acomodada.
    Falaremos da vida das mulleres e o papel que desempeñaban cando tiñan que facer de pai e de nai, por distintas circunstancias, sobre todo pola emigración dos homes ou pola ausencia deles.
    No Alalá desta noite veremos como foron capaces de conservar aquelas cantigas que teñen mais de cen anos, a ilusión e o encanto que teñen ó interpretalas. Estaremos con estas mulleres traballadoras, emprendedoras, inconformistas e encantadoras.

Komentáře • 4

  • @aliciarey7878
    @aliciarey7878 Před 9 měsíci

    Me encanta la alegría de estas personas hermosas

  • @mardialau
    @mardialau Před 3 lety

    ¡ Me encanta ! Ojalá podamos recuperar todas nuestras tradiciones y folclore.

  • @zadoquedeoliveira3383
    @zadoquedeoliveira3383 Před 4 lety +2

    Muito parecido com as canções nordestinas no Brasil. Impressionante.

  • @guillermeignacio8396
    @guillermeignacio8396 Před rokem

    Vaia programón. Unha delicia.