Alalá nº 132 "Alborada cos Faíscas de Solobeira" - TVG

Sdílet
Vložit
  • čas přidán 11. 09. 2024
  • Alalá nº 132 "Alborada cos Faíscas de Solobeira" - TVG
    Emisión en Televisión de Galicia: 12/01/2010
    Gravación en Santa Marta de Pontearnelas
    alala.crtvg.es
    Hoxe en alalá maratón musical cos Faíscas de Solobeira
    Na maioría das parroquias de Galicia nas que se celebraban romarías con alboradas, os foguetes marcaban o inicio da festa. A partir dese momento os gaiteiros percorrían as aldeas e ían levando a música ás casas. Alalá hoxe vai de romaría, a Santa Marta de Pontearnelas que é avogosa para os males de oído. Nesta festa e desde hai vinte anos espertan coa alborada que lle toca o mesmo grupo: Os Faíscas de Solobeira. Ernesto, Xocas, Chilro e Xosé Manuel son os heredeiros musicais dos famosísimos Campaneiros de Vilagarcía. Durante os sete ou oito quilómetros que percorren dalles tempo os Faíscas a tocar un repertorio de corenta ou cincuenta pezas, moitas delas dos Campaneiros. Nós hoxe ímolos seguir, imos percorrer con eles, a pé, camiños e corredoiras, pistas, eiras e meterémonos nas casas dos que conviden ós gaiteiros. Hoxe vivimos unha alborada desde dentro, unha como as de hai anos nas que os gaiteiros ían por tódalas vilas e parroquias e que agora, se están a perder.
    Co paso do tempo os camiños e corredoiras deron paso a carreteras e un feixe de rotondas; o tráfico é outro dos obstáculos ó que se enfrentan os intrépidos gaiteiros. Descubriránnos moitas cousas: por qué se para de tocar e onde, por exemplo nas granxas de pitos.Oíron falar do hinchamorrros, falaremos diso. Tamén veremos que xa hai relevo dabondo entre os Faíscas mais pequenos que ven ós papás como superheroes sin capa pero con fol.
    Pero sobre todo saberemos do sentimento e emoción que Os Faíscas lle poñen cada ano a esta alborada e a todo o que a música se refire; gustaríalles que esa misma sensación que eles tiñan de cativos cando escoitaban ós Campaneiros se trasmita ós mais novos.
    Pero isto non é todo, despois de chegar á capela de Santa Marta, comerémolo polbo e pola tarde agarda a procesión e a danza de Arcos de Covas. Un día completiño cos Faíscas de Solobeira.

Komentáře • 2