Nom gosto dos livros de crimes... por isso venho recomendar-vos dous!

Sdílet
Vložit
  • čas přidán 24. 08. 2024

Komentáře • 9

  • @martatorrado4371
    @martatorrado4371 Před rokem +3

    Ótimo vídeo, Nee! 🤍
    Eu também não gosto deste tipo de novelas e este verão passado tentei dar-lhe uma oportunidade com "Ollos de auga", de Domingo Villar, e... adorei, quem contava!
    Obrigada pelas recomendações para continuar lendo este gênero ☺️

    • @neeumatiko
      @neeumatiko  Před rokem +1

      Obrigade polo comentário! Muita gente me dixo que tinha que ler a Domingo Villar, se tu também mo recomendas a ver quando lhe fago um oco na minha lista de pendentes :)
      Bota-me para atrás o de que seja novela negra, mas há que dar-lhe uma oportunidade

  • @OSondasIdeas
    @OSondasIdeas Před rokem +2

    Únome á túa petición de máis fantasía en galego!
    Quedan anotadas as recomendacións, obri Nee 😋

    • @neeumatiko
      @neeumatiko  Před rokem +1

      Que ilusom que gostasses! Obri polo comentário.
      Pois poderia fazer algum vídeo de recomendaçons de fantasia em galego da Galiza 🤔

  • @amilgz
    @amilgz Před rokem +2

    Oxalá os cafés custassem só 1€!

    • @neeumatiko
      @neeumatiko  Před rokem +2

      pois mira, sai mais barato ser ê minhe Patreon que um café!

  • @pialfa801
    @pialfa801 Před rokem +2

    Esas recomendacións están apuntadísimas 👀👀, parecen propostas moi interesantes e novidosas dentro do xénero.
    A verdade é que os meus pais son máis de novela de misterio ca min xddd. Si que sei de moita fantasía na que hai un misterio (como en Graceling, na que o punto principal da novela é descubrir quen secuestrou a un membro da realeza dun dos reinos e por que ou como en Gideon the Ninth, que aínda que a ambientación é entre fantasía e ciencia ficción, as protagonistas teñen que resolver un misterio), pero non son especialmente fan das novelas puramente de misterio. Así algunha novela do estilo que lembro de gostar pode ser Killing November, We were liars, Un de nós mente, El silencio de la ciudad blanca... Tamén gostei de O corazón da branca de neve e de As sete mortes, pero os lin fai bastantes tempo, así que non sei que pensaría deles hoxe en día.
    O que dis de por que non che gustan as novelas de crime faime pensar que ao mellor non es moi fan dos whodunit, un subxénero no que a importancia recae en descubrir o culpable do crime (e como o fixo). A idea é que o lector trate de deducir iso á vez que o protagonista coas pistas deixadas ao longo do libro. A maioría de libros clásicos de misterio, como os da Agatha Christie, entran dentro deste término.
    Como o máis importante é identificar ao culpable, moitas veces o crime en si está en segundo plano e non se lle dá a importancia e sensibilidade que merecen. Tamén moitos dos clichés orixináronse con estas novelas. En resposta a isto existen os whydunit, que aínda que a indentidade da persoa pode ter algún tipo de importancia, o punto da novela é amosar os motivos do crime. Iso non significa que todos os whodunit sexan malos é que todos os whydunit sexan bós, pero é certo que presentan perspectivas distintas.

    • @neeumatiko
      @neeumatiko  Před rokem +1

      Wow! Quanta informaçom! Muitíssimas graças!! Vás ter que fazer tu um canal do CZcams para contar isto todo, porque é super interessante e um mundo que persoalmente desconheço. Já me custa distinguir o que é ou nom é novela negra...
      A Agatha Christie nom lhe lim muito, porque do que lim nom gostei. Sou muito mais de distopias e realismo social do que de mistérios e crimes. Mas, de novo, graças por todo este conhecimento. Acabas de demonstrar-me que ainda tenho muito por aprender.
      E obrigade por passares sempre por aqui! É genial ter os teus comentários 💙

    • @pialfa801
      @pialfa801 Před rokem

      @@neeumatiko aaaaah moitas grazas! Alégrame poder dar información. Espero que non fose moi pesado xdd.
      Ter teño canle, pero a verdade é que de libros aínda non falei moito xdd. Cústame pensar en ideas para falar dos libros que quero falar.
      A verdade é que tampouco sei que fai que unha novela sexa negra (a diferenza entre misterio e thriller si: un thriller ten que ser trepidante, un misterio simplemente necesita un misterio como trama principal). O dos subxéneros foi unha cousa que descubrira nunha canle de booktube fai tempo. Creo que é algo interesante porque os whodunit funcionan máis como unha partida de Cluedo, un xogo para descobrir quen foi o asasino, mentres que os whydunit buscan máis adentrarse nos personaxes e nos actos cometidos. Por iso diría que, dependendo do que busque a persoa, uns libros son mellores ca outros. Agatha Christie definitivamente entra dentro dos whodunit (polo menos os que lin eu).
      É un pouco raro porque tanto misterio non leo, pero teño moita xente ao meu arredor que é moi fan, así que rematas aprendendo algunha cousa xdd.