Cantís de Ortegal e da Capelada | XeoClip (secuencias de dron)

Sdílet
Vložit
  • čas přidán 6. 09. 2024
  • Palabras clave: Cantís, Coídos, Farallóns, Ortegal, Cabo, A Capelada, Vixía de Herbeira, Ecloxita, Galicia, Litoral, Costa, Paisaxe, Xeomorfoloxía, Xeoloxía #youtubeengalego
    “Sistemas costeiros afectados pola ondada: Cantís de Ortegal e da Capelada”.
    Fortes Novoa, Alberto; Molto Roibal, Fernanda; Romar Roel, Rocío e de Toro Cacharrón, Xacobo.
    CC BY-NC-SA (metraxe do Ortegal cedido por Martín Montero e Pablo Fernández Ramil)
    Voos de dron realizados co permiso da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Xunta de Galicia. Durante novembro/decembro do 2019
    Na costa da Serra da Capelada (Galicia) atopamos Vixía de Herbeira, o cantil máis alto de Europa continental. A escasos kilómetros, no Cabo Ortegal, perduran os restos da sutura por onde rachou o gran continente Panxea hai 200 millóns de anos, separando por primeira vez os futuros continentes de Europa e América e deixando fluír por vez primeira o incipiente Océano Atlántico.
    En Ortegal atopamos os aguillóns, uns farallóns de grandes dimensións que sobresaen do mar e que están formados por rochas de ecloxita, vestixio da antigua liña de costa, antes moito máis adiantada. Nas inmediacións podemos ver cantís con rochas básicas e ultrabásicas, que proceden do manto. Ditas rochas asomaron á superficie debido aos tremendos esforzos tectónicos aos que estivo sometida esta zona e mesmo sufriron metamorfirmo durante a Oroxenia Varisca, hai uns 380 millóns de anos.
    Ao longo de ambos cantís podemos ver enormes derrubamentos e deslizamentos de ladeira. Tamén se atopa neste enclave a praia de Teixedelo, a única praia de area negra de orixe non volcánica.
    Grazas polo metraxe cedido de cabo Ortegal por Martín Montero e • Faro de Cabo Ortegal |... (non volo perdades!) e de Pablo Fernández Ramil.
    #youtubeiras #youtubeiros

Komentáře • 4