Video není dostupné.
Omlouváme se.

Festa das Peras 2018. Pontedeume (GZ). Saen o Mómaros.

Sdílet
Vložit
  • čas přidán 12. 09. 2018
  • Resume do que foi a miña experiencia acompañando aos Mómaros nas festas das Peras, en Pontedeume, os días 8, 9 e 10 de setembro de 2018.
    A música, calquera que teña estado nestas festas sabe que non podía ser outra, é a popular "quen teña viño", neste caso na fantástica versión dos Quempallou.
    Agradecer a toda a xente que ao longo destes días me axudou na realización desta tolemia. Os gaiteiros e os mómaros en primeiro lugar, xa que foron quenes me invitaron a acompañalos e quenes máis me padeceron. Tamén á xente da comisión e do Concello que abríndome portas e balcóns facilitáronme moito a vida. Pero especialmente gustaríame darlle as grazas á xente de Pontedeume que mantén viva esta tradición. A todas as personas que alá onde íamos nos recibían, non só con alegría e expectación, senón abríndonos as súas casas, para grabar mellor, ou directamente dándonos de comer e de beber, e iso cando de gaiteiros falamos é moito dicir. Poder vivir iso en primeira persona foi unha experiencia moi emotiva e emocionante.
    Espero que vos guste, pero non esquezades que isto hai que vivilo en directo e non a través do You Tube.
    Vivan os Mómaros de Pontedeume. E que vivan as festas das Peras.
    #OrgulloEumés.

Komentáře •