Pontedeume - Mostra itinerante Pacto Verde Europeo

Sdílet
Vložit
  • čas přidán 12. 09. 2024
  • A exposición itinerante Pacto Verde Europeo volve percorrer neste 2022 concellos da provincia da Coruña.
    Dende o mes de maio e ata mediados de xullo, a mostra levará a cinco concellos os obxectivos da Comisión Europea en materia ambiental para os vindeiros anos.
    O coidado do medio ambiente é un pilar fundamental nas políticas da Comisión Europea e tamén un ámbito no que a cidadanía é máis activa e está máis concienciada. A mostra narra os obxectivos concretos fixados pola UE e como vai acadalos.
    A mostra ten unha dimensión interactiva á que se pode acceder a través de códigos QR. Está a Estación Verde, un bosque virtual en 3D con información medioambiental, e o xogo Pacto Verde Europeo, un escape room online.
    ***
    Paradas da mostra:
    6 - 20 de maio: Ames (Travesía do Porto - O Milladoiro)
    20 de maio- 3 de xuño: Culleredo (Parque Europa do Burgo)
    3 - 17 de xuño: Pontedeume (Paseo Marítimo de Pontedeume)
    17 de xuño- 1 de xullo: Ponteceso (Praza do Relleno)
    1-15 de xullo: Valdoviño (Praia A Frouxeira)
    ****
    Europe Direct A Coruña é un centro oficial de información da Comisión Europea que pertence á Deputación da Coruña.
    🏡Atópanos en www.dacoruna.g...
    E nas redes sociais:
    🔹Instagram: @europedirectcoruna
    🔹Twitter: @EDCoruna
    🔹Facebook: @europedirectacoruna

Komentáře •