A cidade reivindícase como capital da innovación ao converterse en sede do Galicia Sportech Congress

Sdílet
Vložit
  • čas přidán 14. 04. 2021
  • Concibido como un espazo de xeración de sinerxías entre deportistas, federacións deportivas, clubs, patrocinadores, startups con solucións para o deporte e medios de comunicación, Pontevedra converterase entre os vindeiros días 21 e 22 de abril en sede virtual do I Galicia Sportech Congress. O evento online, centrado no fomento da innovación e o emprendemento no mundo do deporte e organizado polas firmas Diesemm e HubIN en colaboración co Concello, nace con vocación de continuidade, establecendo a nosa cidade como sede presencial para acollela en vindeiros anos.
    O Sportech Congress, presentado esta mañá na Sala de Prensa do Teatro Principal polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores; o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández; o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta, Daniel Benavides; o deputado provincial de Deportes, Gorka Gómez, e mailos seus cofundadores e organizadores, Lalo García e David Suárez, ten o obxectivo de conectar o ecosistema innovador da industria do deporte a través dos exemplos e testemuñas de emprendedores, líderes, organizacións deportivas e deportistas. Trátase, como explicou García, de crear “unha plataforma de networking que promova a transformación dixital na industria do deporte no noroeste peninsular e que permita poñerse ao día coas últimas tendencias e os produtos e servizos máis innovadores dispoñibles no mercado, da man de grandes marcas e de emocionantes starups”.

Komentáře •