Mira Quen Fala Galego
Mira Quen Fala Galego
  • 206
  • 28 190
Parafada sobre o desastre vergonzoso
Cheguei, participei, e cagueino no maratón de galeguidade por problema técnico. Non saiu nin como imaxinaba, nin como preferiría pero évos o que hai. Era visto. En inglés temos a expresión, "Don't quit your day job" cando alguen tenta facer algo fóra do campo de traballo habitual e resulta menos que exitoso,
zhlédnutí: 178

Video

Monólogo de mañá de 120724
zhlédnutí 53Před 21 dnem
Arríscome unha censura falando da política, tema que non me gusta nada, pero falo algo dunha ansiedade sobre o futuro.
Parrafada de 090724
zhlédnutí 111Před 21 dnem
Falo da sorpresa de decatarme do meu "fama" na Galiza. Comentoume o meu fillo Noah doquer vaia hai alguen que conece "ese fulano que graba clips rumbo ao choio falando en galego" Quero iso tallado na miña tumba, :) Síntome un orgullo e máis o agarimo de moita xente.
Parrafada de 030724
zhlédnutí 74Před 28 dny
Falo do cheo de visitas de pragas e animais intrusos na horta e quinta nestes últimos días.
Parrafada de 280624
zhlédnutí 80Před měsícem
Falo do que me pasara no cole esta semana.
Parrafada de 18062024
zhlédnutí 56Před měsícem
Falo da vaga de calor que pasamos esta semana e ganas de rematar o curso.
Monólogo da mañá de 14624
zhlédnutí 88Před měsícem
Comezo falando do vestirme patriótico para o Día da Bandeira e logo divago falando do conflicto de amar o país e non prezar tanto o goberno.
Parrafada dun mércores 12624
zhlédnutí 48Před měsícem
Durante a viaxe a casa falo, divagando sobre as cousas que pasan nestes últimos días.
Unha broma
zhlédnutí 69Před měsícem
Como neofalante paso cada día tentando mellorar o dominio do galego. Contar unha broma é proba de avanzar o nivel. A ver se isto ten xeito
Monólogo da mañá de 060624
zhlédnutí 61Před měsícem
Falo dunha experiencia recente de como podía axudarlle a alguen.
Parrafada de 050624
zhlédnutí 58Před měsícem
Falo do que está a pasar na miña vida ultimamente mentres conduzo ao choio.
Parrafada dun venres 31524
zhlédnutí 83Před 2 měsíci
Falo dos deberes do vran
Parrafada da semana de 30524
zhlédnutí 64Před 2 měsíci
Divago falando da política un pouco
Monólogo da mañá de 29524
zhlédnutí 75Před 2 měsíci
Falo das bocaladas(palabrotas). Ti que dis cando estás frustrado?
Monólogo da tarde 28524
zhlédnutí 72Před 2 měsíci
Dou un pequeno tour da horta tal e como está hoxe. (dixen que era o 27 pero é o 28 por certo). Vai indo ben.
Parrafada da Mañá de 22 5 24
zhlédnutí 66Před 2 měsíci
Parrafada da Mañá de 22 5 24
A semana de apreciación dos profes
zhlédnutí 69Před 2 měsíci
A semana de apreciación dos profes
Contesto as preguntas de Rafa 6
zhlédnutí 44Před 2 měsíci
Contesto as preguntas de Rafa 6
Contesto as preguntas de Rafa 5
zhlédnutí 33Před 2 měsíci
Contesto as preguntas de Rafa 5
Contesto as preguntas de Rafa 4
zhlédnutí 69Před 2 měsíci
Contesto as preguntas de Rafa 4
Contesto as preguntas de Rafa 3
zhlédnutí 26Před 2 měsíci
Contesto as preguntas de Rafa 3
Contesto as preguntas de Rafa 2
zhlédnutí 60Před 2 měsíci
Contesto as preguntas de Rafa 2
Contesto Preguntas de Rafa 1 5
zhlédnutí 35Před 2 měsíci
Contesto Preguntas de Rafa 1 5
Contesto Preguntas de Rafa 1
zhlédnutí 58Před 2 měsíci
Contesto Preguntas de Rafa 1
Monólogo da tarde de 1maio24
zhlédnutí 101Před 3 měsíci
Monólogo da tarde de 1maio24
Monólogo da mañá de 26abril24
zhlédnutí 77Před 3 měsíci
Monólogo da mañá de 26abril24
Monólogo da mañá de 25abril24: Reunions cos pais
zhlédnutí 95Před 3 měsíci
Monólogo da mañá de 25abril24: Reunions cos pais
A eclipse solar de 8424
zhlédnutí 177Před 3 měsíci
A eclipse solar de 8424
A neve
zhlédnutí 46Před 3 měsíci
A neve
Monólogo da tarde de 25324
zhlédnutí 159Před 4 měsíci
Monólogo da tarde de 25324

Komentáře

  • @ancares8015
    @ancares8015 Před 3 dny

    Andy, es un esaxerado! 😂 Non vira a maratón, pero con este vídeo deume curiosidade. A túa intervención estivo moi ben! Entendo que dende o teu lado che parecería moi incómodo escoitarte de volta con retraso (para a próxima vez ao mellor podes apagar o audio mentres fales ti). Pero visto dende o outro lado, non foi nin un desastre nin, por suposto, vergonzoso. Para a seguinte non te estreses tanto, que os galegos somos relaxados e aínda que falases 20 veces peor seguiriamos encantados. Unha aperta!

  • @igaditv
    @igaditv Před 5 dny

    Andy, es un fenómeno. Foi mala sorte que non ten que ver contigo, as veces a conexión en directo pois ten iso. Pero non foi ningún desastre. Sabe Castelao no ceo que voltaríamos confiar en ti. Obrigadísimo polo traballo que fas por Galicia!!

  • @erickdraven5936
    @erickdraven5936 Před 5 dny

    Está tranquilo Andi, porque o amor que sintes por Galiza o tiveron que ver e sentir todos no zoom. E máis galegos renegados culturais tiñan que tomar EXEMPLO DE TI.

  • @elisadominguez5369
    @elisadominguez5369 Před 7 dny

    Ola, son Ely. Vivo no Carballiño a terra do pulpo. Falas ben. Animate a seguir porque o Galego e unha lingua moi fermosa e agarimosa. Podes falar conmigo cando queiras. 😊

  • @franregue1
    @franregue1 Před 8 dny

    Animo Andy es o mellor

  • @rutgrana6024
    @rutgrana6024 Před 9 dny

    Andy, be kind to yourself. Pasáchelo moi mal, non si? Noto que si. Padezo de ansiedade así que imaxino os nervios. Non sei tampouco o do maratón como foi, pero sabes que? Fixeches o esforzo porque si, porque che importa e queres e punto. Onde eu vivo, algo que me doe cada día é aturar desprezos de xente que non quere a lingua, que aínda repite ideas absurdas nas que nin sequera reflexionan antes de repetilas. Cando desprezan o galego, desprézanme a min como persoa. Ti non fas iso. Moi ó contrario. Así que, non sei se foi tan desastre esa conexión da maratón, pero por moi mal que che saíse, fixéchelo MOITO mellor que xentes que teño aquí arredor e que non merecen chamarse galegos. Así que fóra ansiedade (sinxelo dicilo, difícil facelo) e si, dous "licorcas" e outras dúas de licor de herbas e a durmir😂😂😂😂😂 Unha aperta moi forte dende A Coruña.

  • @josearqco
    @josearqco Před 9 dny

    As veces sae ben, outras mal; non pasa nada, ¡¡¡ xa sairá ben a próxima vez !!! 😊Saudos Andy

  • @maruxalopez7602
    @maruxalopez7602 Před 9 dny

    Boa noite Andi,non sei como foi o maraton ese por que non o vin,o que si che podo decir,e que moitos teñen que tomar nota de ti,os que desprezan a sua lingua dia dia,e solo a falan en medios que non lles queda outra,e vergonzoso como desprecian a Nosa lingua ,ti eres un referente,e queremoste,por certo mañan e o dia Da Patria Galega,estarás no noso corazón ❤

  • @aurorabarreiro1167
    @aurorabarreiro1167 Před 9 dny

    Non teño nem idea do que é o da Marathon de galeguidade. Mas para min ver como falas e escribes en galego é un premio e un agasallo para a nossa lingua. Obrigada!

  • @pedrosalgueiro7680
    @pedrosalgueiro7680 Před 9 dny

    Queda con iso; haberá mellores días. Biden non o faría mellor!

  • @wildpiper
    @wildpiper Před 9 dny

    O mais importante é que fixeches o millor que puideches. Pero o mais importante de todo, en realidade é que falas galego de cotío que ogallá o fixeran moitos galegos que presumen de ser moi galegos e despois falan sempre en castelán. Eu son de pais galegos, pero nacida e criada en Venezuela e vivo nos sur da península ibérica a mil quilómetros de Galicia e aquí estou, a case 35 grados de temperatura escribindolle en galego a un ianqui ben simpatico 😅 cando queiras organizamos un faladoiro online para principiantes sen presions de ningunha clase. Como dirían no Celta de Vigo: afouteza! 💪 Estamos contigo, raparigo!

    • @rutgrana6024
      @rutgrana6024 Před 9 dny

      Encántame esa idea do faladoiro si señor!❤

  • @user-qq1dl9we1y
    @user-qq1dl9we1y Před 9 dny

    Non te desanimes, segues a ser un exemplo de que o galego é fermoso. Os problemas técnicos podeos ter calquera, na televisión e na radio as conexións en directo fallan día si e día tamén. Tes que estar orgulloso da túa persoa, do referente para os neofalantes. Por favor non te desanimes. Dalle a un licor café e celebra que falas galego e que acó somos moitas as persoas que te queremos e admiramos. Apertas.

  • @user-ll2cc3it3g
    @user-ll2cc3it3g Před 9 dny

    Ánimo!

  • @eutiel
    @eutiel Před 19 dny

    eu con demente nin sei de cal dos dous tas falando 🤣 por certo case vos quedades cun candidatoe case xa non tedes nin que escoller 😝

  • @arruventa
    @arruventa Před 20 dny

    Mellor un presidente demente a un tolo demente... máis o teu voto conta...

  • @pedrosalgueiro7680
    @pedrosalgueiro7680 Před 21 dnem

    Cando falas de política poste nervioso e soltas o volante. Millor non fales de política🤣 Falando en serio, hai un problema grande na política cando parece que non hai máis candidatos que esas dúas personaxes e o goberno dese país é importantísimo para todo o mundo. A ver que pasa de aquí a novembro.

  • @maruxalopez7602
    @maruxalopez7602 Před 21 dnem

    Ben falado Andi❤

  • @arruventa
    @arruventa Před 24 dny

    Boas Andy, canto máis maiores nós facemos menos "amigos" temos, os tempos que vivimos son así...non entendín moi ben onde colgas o brinde?😅 Apertas

    • @miraquenfalagalego3822
      @miraquenfalagalego3822 Před 23 dny

      Colgo o brinde de venres cada venres as miñas 15:30(21:30 en España) en X, en Instagram, e no grupo de wasap.

    • @arruventa
      @arruventa Před 23 dny

      @@miraquenfalagalego3822 mandeite unha mensaxe por correo electrónico

  • @maruxalopez7602
    @maruxalopez7602 Před 24 dny

    Eres mui grande Andi❤

  • @PepeDoval
    @PepeDoval Před 24 dny

    Tamén tés quen te apreza acó neste lado do charco (eu son galego na Minnesota). Pero comparto de cheo o teu sentir, moitos amigos na Galicia e aquí só teño a miña muller.

  • @GreloEnfurecido
    @GreloEnfurecido Před 24 dny

    Meu! claro que te coñecemos, e claro que te queremos! O amor que ti sintes por galicia e máis grande que moitos dos que naceron aquí, e iso é ser galego. Iso é ser amigo, pois como di o noso himno: Os bos e xenerosos a nosa voz entenden e con arroubo atenden o noso ronco son. Unha aperta enorme :)

  • @galegacabreada
    @galegacabreada Před 24 dny

    E como non imos saber quen es, se es un solete!!

  • @pedrosalgueiro7680
    @pedrosalgueiro7680 Před 27 dny

    Pois si que hai pragas. Tesme que contar como é o truco contra as limachas que eu teño limachas e caracois no xardín.

    • @miraquenfalagalego3822
      @miraquenfalagalego3822 Před 27 dny

      Escribín sobre iso no meu blog e vaiche aquí o artigo chibarinclub.fala.gal/2024/06/24/as-lumachas/ Pero o truco é trampas con cervexa de cebo

    • @pedrosalgueiro7680
      @pedrosalgueiro7680 Před 25 dny

      @@miraquenfalagalego3822 Xa pasei polo teu blogo e lin o consello. Agora toca probalo.

  • @antiacee
    @antiacee Před 29 dny

    Sempre penso que ti mailo meu pai seriades amigos; el loita contra as tioupas e, as veces, os xabarins. Encántanme os teus monólogos! Por certo, "perfumados" está ben. Saúdos!

  • @maruxalopez7602
    @maruxalopez7602 Před 29 dny

    Que ledicia escoitarte,que tomen nota os que non queren falar galego❤

  • @pedrosalgueiro7680
    @pedrosalgueiro7680 Před měsícem

    Aínda menos mal que é algo activo ese choio. Pensei que tiñas que facer papeleo que é o máis típico entre os profesores desta terra. Xa che queda menos para as vacacións vacacións.

  • @arruventa
    @arruventa Před měsícem

    Sempre é un pracer traballar e cobrar e máis facendo algo que che guste e divertido 🎉❤ parabéns

  • @maruxalopez7602
    @maruxalopez7602 Před měsícem

    Bo dia Andi,ben falado❤

  • @pedrosalgueiro7680
    @pedrosalgueiro7680 Před měsícem

    Xa pareces galego falando do tempo😂 Pois a ver se chegan as vacacións e o descanso para profes e cativos. Cando esteas xubilado aínda vas achar de menos a escola!

  • @arruventa
    @arruventa Před měsícem

    Boas Andy, semella que o verán anímate algo máis a subir vídeos, 24 graos non son moito, eiquí en Granada ardemos xa...que guai que agora tes mazo vacacións en breve ^^ aledame moito que en dous ano te xubiles, despoís podes vivir en Galiza máis tempo

  • @vivindoavidaCEIVE
    @vivindoavidaCEIVE Před měsícem

    Parabéns eres todo un abandeirado! 🇺🇲🇺🇸 Moi bó o razonamento político, difícil cando só hai dúas opcións malas. Un saúdo! 🤍💙♥️💙🤍 e moita paz🕊️

  • @miguelsoler6890
    @miguelsoler6890 Před měsícem

    Es un máquina,,, hai que ter moita paciencia coos pequenos. Unha aperta.

  • @maruxalopez7602
    @maruxalopez7602 Před měsícem

    Grazas Andi ,por estar ahi❤,ca Nosa Terra

  • @eutiel
    @eutiel Před měsícem

    Pois moi mal ti tes que conseguir poñerlle as lentes tamen 🤣🤣🤣

  • @vivindoavidaCEIVE
    @vivindoavidaCEIVE Před měsícem

    Por eso están en todolos retretes! Hai que mirar máis as cagadas 💩 para cuidar a nosa saúde. 😂🗽🕊️

  • @vivindoavidaCEIVE
    @vivindoavidaCEIVE Před měsícem

    Tes razón! Galiza é "exportadora oficial de chourizos" Ten cuidado que invaden todo logo non té baixan o colesterol que té meten, nin os impostos, recortan dereitos e siguen co conto... Porque claro le collen o gusto a mandar e logo non queren soltar.

  • @pedrosalgueiro7680
    @pedrosalgueiro7680 Před měsícem

    Ha,ha,ha. E logo saca bos resultados nas eleccións

  • @arruventa
    @arruventa Před měsícem

    Que boa persoa es Andy 😃

  • @maruxalopez7602
    @maruxalopez7602 Před měsícem

    Andi son as 11 da noite que alegria de oirte❤

  • @marguentingles1647
    @marguentingles1647 Před měsícem

    Que hai, o tempo está tolo e iso é en todas partes, en Lugo estamos a 30 graos, e dan treboadas para mañá, xa onte e hoxe está treboento, sen treboada pero esa calor abafante típica de primavera. En Lugo rematamos as clases o 21 pero non da chegado,porque hai tanto que facer, tanto que rematar, e non sei como é que non se da feito, e o mesmo ano tras ano, cada curso levo peor o remate, penso que vou vella ( 53 anos) .

  • @maruxalopez7602
    @maruxalopez7602 Před měsícem

    Bicos Andi

  • @doceasubio
    @doceasubio Před měsícem

    Hai que roelo!

  • @marguentingles1647
    @marguentingles1647 Před měsícem

    a tua horta parece galega, está moi moi moi ben, as estructuras rectanguais son bancais, aqui tamén están moi de moda, eu teño só un, porque o meu home prefire o xeito antigo, sempre vivimos en Lugo na cidade en piso,pero agora vivimos no rural case, preto do hospital e temos horta , é unha gozada, eu sempre fun moi cosmopolita pero agora adoro a vida rural pola horta , é moi relaxante, eu tamén son profe e ir a horta é o meu hobby, se fai uns anos me dixeran que ía ter unha horta e comer verduras... non o creería nin tola, pero os anos fan mudar o xeito de ver as cousas. Disfruta a túa horta, de todos os teus videos este foi o millor para min, ademáis non ías conducindo que iso me pon moi nerviosa, penso que un día as ter un golpe e imos verte, e posme dos nervios. Bicos desde Lugo, a cidade da muralla que en uns días retorna ó pasado ( a semana que ven temos a celebración Arde Lucus )

  • @arruventa
    @arruventa Před 2 měsíci

    A mellor lista é a da put* vez!! hahahaha Manoliñoooo sempre podes contratarme a min e levo de axundanta a miña filla que practique inglés e ti comigo galego

  • @pedrosalgueiro7680
    @pedrosalgueiro7680 Před 2 měsíci

    A verdade é que a política é complicada. Aí só hai dúas opcións e ningunha das dúas é moi boa, como dis ti. Aparte mande quen mande estará detrás o imperio financeiro que ten a última palabra. Así que o que hai que facer é vivir a túa vida sen meterte en problemas e dar grazas de que che tocou vivir nun país democrático.

  • @mlourdesrodriguez
    @mlourdesrodriguez Před 2 měsíci

    Que grande!! Hai que poñer o peto de currela e a pintaaaar!!

  • @pedrosalgueiro7680
    @pedrosalgueiro7680 Před 2 měsíci

    Andy, iso non son vacacións; é esclavitude!

  • @ceciliagarcia4097
    @ceciliagarcia4097 Před 2 měsíci

    Hahaha eres o mellor Manolo! 😂

  • @ancares8015
    @ancares8015 Před 2 měsíci

    O que teñen esas listaxes de internet e tal, é que só adoitan recoller eses insultos e apelativos máis suaves e menos violentos. Algúns son considerados tan mal sonantes que non chos dirían, por exemplo, unha parte importante do que vós chamariades "curses"en galego son de carácter blasfemo, e son dos que soan máis fortes. Dicimos aquí que alguén "baixou a todos os santos do ceo". Referíndonos a que "se cagou" en santos, virxes ou en Deus. Seica é algo que temos en común cos italianos, que tamén botan exabruptos nese estilo. Outras palabras como carallo ou merda poden ser máis ou menos malsonantes dependendo do uso. Dicir que alguén está de carallada ou dicirlle "vai ao carallo" despois dunha broma, moi formal non é, pero non é para tanto. Agora, se alguén che di de repente "e ti que carallo miras" pode soar moi violento. Supoño que será parecido con sh*t, f*ck e todo iso.

  • @pedrosalgueiro7680
    @pedrosalgueiro7680 Před 2 měsíci

    Non hai tradución para o 'mother fucker'. Terías que dicir gilipollas, cabrón, mamón ou fillo de puta por orde de intensidade; pero hai que ter coidado. Eu adoito cagar en todo o sagrado cando me sae algo mal. Teño oído algunhas frases curiosas coma 'mecaghoncrista' ou como di o meu sogro ' cagho na parteira que te aproveitou'. Tamén están as palabras dos aparatos sexuais que usamos máis que os americanos e de feito din que os galegos estamos sempre co 'carallo' ou a 'cona' na boca.