ReinodeGaliciaen10minutos
ReinodeGaliciaen10minutos
  • 1
  • 3 300
History of the Kingdom of Galicia in 10 Minutes (Full HD)
Con máis de mil anos de vida, a historia do reino de Galicia comeza no ano 411, cando os suevos establecen a súa corte en Braga e se integran na poboación local galaica. A pesar de gozar de plena independencia e un sofisticado desenvolvemento da Igrexa e do Estado, no ano 585, os visigodos, liderados por Leovixildo, conseguiron someter Galicia.
Aínda así, o dominio visigodo sobre Galicia foi curto. A invasión do califato islámico no ano 711 permitiu que os poderes locais galaicos recuperasen a súa autonomía. Así, cara ao ano 800 o reino xa está fortemente unificado grazas ao labor de Afonso II. Desde entón, os monarcas de Galicia (que entón comprendía todo o noroeste peninsular), iniciarán unha expansión cara ao sur até que, finalmente, no século XI o reino empece a fragmentarse politicamente. Pouco a pouco Portugal e Castela tomarán forma.
Xa no ano 1230, tras a morte do rei Afonso VIII de Galicia e León, os reis de Castela fanse co control de Galicia. As guerras dinásticas mais tamén as revoltas internas debilitan progresivamente o poder de Galicia na política ibérica. A lingua galega, a pesar de ser un símbolo de prestixio, acabará sendo marxinada desde finais do século XV, momento en que os Reis Católicos someter militarmente o reino de Galicia. Tras séculos de monarcas foráneos, en 1833 o goberno español disólveo oficialmente en catro provincias. Este fito marca a fin do reino de Galicia.
O proxecto "Historia do reino de Galicia en 10 minutos" foi un dos premiados polo II Certame "Fondo de proxectos culturais Reino de Galicia", impulsado pola área de Cultura da Deputación da Coruña en 2023.
----------------------------------------------------------------
Explora materiais adicionais como libros, mapas históricos e imaxes en PNG para os teus estudos ou traballos. Descarga os 101 Recursos Indispensábeis aquí:
drive.google.com/drive/folders/1d_7f-lHlFAF6U3aWHTJlh4SkYlrVmV21?usp=drive_link
zhlédnutí: 3 302

Video